viernes, 22 de febrero de 2013

Un editor de imaxes tipo "photoshop" pero moito máis intuitivo. FastStone

Se algunha vez intentaches usar o Photoshop ou o CorelDraw para editar unha imaxe e te pareceu algo complexo, este programa gratuíto pode ser unha solución. Permite facer as cousas básicas que fai calquera editor de imaxes, e tamén permite edicións avanzadas pero que se poden facer de maneira doada. Aínda que a páxina web está en inglés, podemos cambiar o idioma despois.

http://www.faststone.org/FSViewerDetail.htm

Titorial: http://www.faststone.org/FSIVTutorial.htm

miércoles, 20 de febrero de 2013

Descargar vídeos de Youtube (ou o audio dun vídeo)

Para descargar un vídeo de Youtube hai moitas opcións e diversos programas ou páxinas web que o fan. Amósanse aquí algunhas delas. Todas permiten extraer só o audio (en wav ou mp3) se se quixera.

Unha desas opcións é a través dun programa que require instalación:
http://vdownloader.com/es/

Outros, que non requiren instalación, e son mediante páxina web son os seguintes:

http://www.clipconverter.cc/es/

http://www.bajaryoutube.com/

http://www.force-download.es/

Para ver un titorial de como se fai con esta útima opción, aínda que é moi sinxelo, visitar esta web: http://es.kioskea.net/faq/2033-bajar-videos-de-youtube-al-pc-sin-instalar-ningun-programa