lunes, 18 de enero de 2016

Solucións en rede para tarefas básicas multimedia

A través desta páxina web, e sen necesidade de instalar ningún programa, poderemos facer tarefas habituais como facer unha captura de pantalla do noso ordenador, gravar o que estemos facendo na nosa pantalla nun vídeo, descargar un vídeo de Youtube, extraer o audio dun vídeo o facer cambios de formatos de arquivos multimedia. Unha opción interesante se non estamos usando o noso equipo ou non queremos instalar programas que usamos só de vez en cando.


miércoles, 13 de enero de 2016

Apowersoft Free Screen Recorder (Capturador de pantalla do ordenador)

Este é un programa libre, en español e moi sinxelo de usar que che permite facer un vídeo mediante a captura de vídeo e audio (tanto de micrófono como de sistema) do teu ordenador. Aínda que de forma indirecta, sería unha maneira de facer un vídeo dunha presentación de LibreOffice cando xa a tes rematada. Fai clic na imaxe para descargar o programa.