sábado, 19 de octubre de 2013

Configuración do correo da Xunta nun móbil ou nun cliente de correo tipo Microsoft Outlook o Mozilla Thunderbird

Para configurar o correo eléctronico da Xunta no noso móbil ou nun cliente de correo hai que seguir unha serie de pasos. Estes son os seguintes:

1º. Normalmente, vainos pedir que introduzamos o nome de usuario e contrasinal.
correo: xxxxxxxx@edu.xunta.es
contrasinal: xxxxxxxxx

2º. Configuración do tipo de conta: POP3 ou IMAP.
Ambas as dúas son válidas, aínda que existen pequenas diferenzas (ver ligazóns). Como recomendación, usar IMAP.
3º Algún móbiles, en lugar de solicitar o tipo de conta do paso anterior, directamente solicitan que configures o correo entrante (recepción dos emails), e é ai onde tes que elixir entre POP3 ou IMAP.

Se eleximos IMAP, estes son os parámetros que hai que configurar.
  • Servidor: imap.edu.xunta.es
  • Puerto: 143 (non seguro) ou 993 (seguro). Vale calquera dos dous portos.
  • Tipos de conexión: ningunha seguridade
Se eleximos POP3, estes son os parámetros:
  • Servidor: pop.edu.xunta.es
  • Puerto: 110 (non seguro) ou 995 (seguro). Vale calquera dos dous portos.
  • Tipos de conexión: ningunha seguridade
4º Configuración do correo saínte (para poder enviar mensaxes).
  • Servidor: smtp.edu.xunta.es
  • Puerto: 1025 (se non usamos a rede wifi da consellería) ou 25 (se usamos a rede wifi da consellería). Se é nun móbil, usar a primeira opción.
  • Tipos de conexión: ningunha seguridade

14 comentarios:

  1. Obrigado pola exposición clara e concreta. Grazas a ela fun quén de configurar o meu móbil para acceder ao meu correo da xunta, cousa que parecía misión imposíbel e traíame de cabeza ó non ter os parámetros nin atopalos publicados por ningures. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu aporte, non vexas o tempo que levo sen saber porqué non me enviaba correos dende a conta da xunta, e todo era porque estaba a usar o porto 25 no smtp en lugar do 1025.
    Que Dios cho pague.

    ResponderEliminar
  3. Por fin podo ler os correos da xunta no móbil. Moitísimas grazas

    ResponderEliminar
  4. Eu non consigo enviar correos, ¿pode ser que haxa algunha actualización?. Grazas

    ResponderEliminar
  5. Alguén sabe configurar o número dos portos en Apple? (iphone, ipad...) grazas!

    ResponderEliminar
  6. si, por favor, en IPAD y IPhone!!

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas por solucionarme algunhas cousiñas que non daba introducido neste móbil. Grazas!!

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas pola axuda! Pensei que non se podía facer, que era algo ao que debiamos renunciar. Parabéns polo titorial!

    ResponderEliminar
  9. Hola, podría ser que después de la última actualización de Gmail cambiasen los ajustes? O no puede conectar con el servidor o me da usuario no encontrado, gracias

    ResponderEliminar
  10. Moitas grazas polo aporte. Por fin!!!!

    ResponderEliminar
  11. Muchaaas gracias,
    Por fin después de varios años intentando ya tengo el correo en el móvil, creo que el problema era el puerto 25 de smpt

    ResponderEliminar
  12. Hola, os mensaxes quedanme no buzon de saida, e esta configurado como se indica, hai algunha maneira de solucionalo?

    ResponderEliminar
  13. Moitas gracias por as indicacións para configurar a conta de correo no teléfono.

    ResponderEliminar
  14. Pois a mim não me funciona... nem com imap nem com pop3, diz-me seguido, depois de pensar muito, que não se pôde associar, como posso solucionar? Obrigada!

    ResponderEliminar