sábado, 25 de mayo de 2013

Avaliación da competencia dixital do profesorado e cursos de formación.

No proceso de integración das TIC no sistema educativo galego, a Consellería viu a necesidade de proporcionar ao profesorado instrumentos de valoración para coñecer a propia competencia TIC docente e poder elixir dentro da oferta formativa aquelas actividades que mellor respondan ás súas necesidades. En relación con estas dimensións establécense cinco niveis de competencia TIC, que se medirán en base a uns indicadores para cada unha das dimensións.

Para poder medir o nivel de competencia TIC existe unha aula virtual en Platega de cinco cuestionarios de autoavaliación. Para facelos é necesario introducir un contrasinal no momento de realizar a inscrición. O contrasinal é o seguinte: abalar

Fai clic na seguinte imaxe para acceder a ligazón desta información.