domingo, 7 de febrero de 2016

Solucións para audio e vídeo online (cortar,combinar, converter...)

Na seguinte ligazón poderas atopar unha aplicación web que che permitirá cortar, converter, combinar cancións ou vídeos sen necesidade de instalar ningún programa no teu ordenador, algo moi útil para pequnos traballos ou proxectos ou se estás empregando un ordenador público no que non contas coas túas propias ferramentas multimedia habituais.

lunes, 18 de enero de 2016

Solucións en rede para tarefas básicas multimedia

A través desta páxina web, e sen necesidade de instalar ningún programa, poderemos facer tarefas habituais como facer unha captura de pantalla do noso ordenador, gravar o que estemos facendo na nosa pantalla nun vídeo, descargar un vídeo de Youtube, extraer o audio dun vídeo o facer cambios de formatos de arquivos multimedia. Unha opción interesante se non estamos usando o noso equipo ou non queremos instalar programas que usamos só de vez en cando.


miércoles, 13 de enero de 2016

Apowersoft Free Screen Recorder (Capturador de pantalla do ordenador)

Este é un programa libre, en español e moi sinxelo de usar que che permite facer un vídeo mediante a captura de vídeo e audio (tanto de micrófono como de sistema) do teu ordenador. Aínda que de forma indirecta, sería unha maneira de facer un vídeo dunha presentación de LibreOffice cando xa a tes rematada. Fai clic na imaxe para descargar o programa.