jueves, 25 de abril de 2013

Pasos para intregrar (embeber) un LIM nun blog

Para integrar un LIM no noso blog, sempre que estea feito cunha versión igual ou superior a LIM 3.5, podemos seguir os seguintes pasos.

1º Buscar a actividade LIM que nos guste na Internet e acceder a ela.
2º. Facer clic co botón da dereita en calquera lugar da actividade e premer, cando sae un menú de opcións, a pestana de "Copiar HTML".

3º Abrir o noso blog e crear unha nova entrada en modo HTML (importante)
4º Facer clic no botón dereito e despois premer en "PEGAR" (pegará o código previamente copiado no segundo paso).
5º De todo o texto que pega, deixar só o que está entre --Object-- e --Iframe--, eliminando tamén estes dous conceptos. Só debe quedar na publicación o que aquí está resaltado en amarelo. Borrar o resto. Finalmente, publicar a entrada.

Exemplo (isto é o que aparecerá ao pegar):


--Object------------

<object type="application/x-shockwave-flash" id="objlim" data="http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363953270/contido/Unidade11/lim.swf?libro=indice_poboacion.lim" width="600" height="500" align="top" >
<param name="allowScriptAccess" value="always" />
<param name="movie" value="http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363953270/contido/Unidade11/lim.swf?libro=indice_poboacion.lim"/>
<param name="quality" value="high" />
<param name="allowFullScreen" value="true" />
<param name="FlashVars" value="libro=indice_poboacion.lim"/>
</object>

--Iframe------------

<iframe src="http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363953270/contido/Unidade11/lim.swf?libro=indice_poboacion.lim" frameborder="0" width="600" height="500"  scrolling="auto"></iframe>

--Url---------------

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363953270/contido/Unidade11/lim.swf?libro=indice_poboacion.lim

viernes, 19 de abril de 2013

TodaysMeet, unha aplicación para crear unha sala de chat con facilidade.


TodaysMeet (http://todaysmeet.com) é unha páxina web moi simple que permite crear unha sala de chat temporal para traballar co noso alumando. Só hai que elexir o nome da sala (room) e o tempo de duración que se quere para o chat (desde dúas horas ata un mes). Despois, para que se acceda a ese chat bastará con poñer http://todaysmeet.com/xxxxxxxxxxx. As X corresponden o nome da sala que se puxo anteriormente. Por exemplo http://todaysmeet.com/abalarparaprofes. A persoa que entra só ten que poñer o seu nome, non hai rexistros nin claves nin nada.


jueves, 11 de abril de 2013

Como compartir un arquivo de gran tamaño por e-mail?

Se queremos compartir por e-mail un arquivo de gran tamaño e o noso correo non permite tal cousa hai unha solución indirecta.

Opción A1: DROPBOX

1.Copiar o arquivo que queremos compartir á carpeta pública de dropbox.
2. Seleccionar este arquivo unha vez subido - botón da dereita - dropbox - copiar enlace público.
3. Abrir o noso correo e clicar en redactar ou similar.
4. Facer clic co botón da dereita e cando se desplegue o menú, facer clic en pegar. Deste modo pegarase un enlace público do arquivo que previamente copiamos (paso 2).
5. Cando lle chegue ese email a esa persoa, fará clic nesa dirección e xa poderá descargar o arquivo de gran tamaño.

Opción A2: DROPBOX

Se non queremos copiar ese arquivo na carpeta pública porque xa o temos noutro sitio do noso dropbox tamén se pode. Simplemente fai clic primeiramente co botón da dereita no arquivo en cuestión, despois, cando saia un menú, fai clic en dropbox e despois en compartir enlace. Seguidamente, aparecerá unha ventá no navegador que che indicará con quen (por medio do correo electrónico) queres compartir o enlace. Introduce o e-mail e engade un comentario se queres, e fai clic en Enviar.

Opción B: GOOGLE DRIVE

Se non tes conta de dropbox pero si de google (un correo gmail) tamén se pode.

1. Entra en google e identifícate.
2. Accede a Drive.
3. Sube o arquivo que queiras compartir.
4. Fai clic no botón da dereita enriba dese arquivo e preme en Compartir - Compartir.
5. Aparece unha nova pantalla con varias opcións. Modifica quen ten acceso. Por defecto está privado, hai que poñer calquera persoa que reciba o enlace ou público.
6. Engade as persoas (por correo electrónico) que teñen acceso a este arquivo e marca a opción de que se lles notifique por mail. Tamén podes copiar a ligazón que aparece nese cadro e enviar un e-mail con esa dirección (sería o mesmo que o paso 3-4 de dropbox).

viernes, 5 de abril de 2013

Inserir un reprodutor de audio no blog para poder escoitar un arquivo de audio.

Para facer esta operación hai que seguir os seguinte pasos:
1º Copiar o código dun dos seguintes modelos de reprodutor (o que está sobre o fondo gris)
Opción 1

<audio controls controls> 
<source src="http://dl.dropbox.com/u/3549515/10%20-%20Unicornio.mp3" /> 
Tu navegador no soporta la etiqueta audio. 
</audio>
Exemplo de como quedaría no blog:
 
Opción 2
<center><iframe style="width: 350px; height: 26px;" src="http://www.gmodules.com/gadgets/ifr?url=http://prac-gadget.googlecode.com/files/google-audio-step.xml&up_MP3=URL_archivo_MP3&up_START=No&up_CCOL=%23d1dae3" allowTransparency="true" frameborder="0" scrolling="no"></iframe></center>
Exemplo de como quedaría no blog:

2º Crear unha nova entrada no blog en modo HTML (IMPORTANTE)
3º Pegar nesa entrada o código seleccionado anteriormente (o do fondo gris)
4º Subir a dropbox (na carpeta pública) o arquivo de audio que queiramos reproducir.
5º Copiar o enlace público dese arquivo de audio subido a dropbox (para isto, facer clic no botón da dereita do rato enriba do arquivo subido, despois, cando saia un menú, facer clic na pestana de dropbox e a continuación no botón de "copiar enlace público")
6º Eliminar na entrada do blog o que se ve resaltado en amarelo e poñer no seu lugar esa ligazón que nos deu dropbox. Borramos o de amarelo e simplemento lle damos a pegar, xa que previamente  foi copiado (paso 5).
7º Publicar a entrada.

jueves, 4 de abril de 2013

pixlr (potente editor de imaxes online)

No enderezo web http://pixlr.com/editor/ atoparemos un potente editor de imaxes, do estilo photoshop ou gimp, que ten unha gran virtude: non require instalación e está sempre dispoñible desde calquera ordenador sempre que teñamos unha conexión a Internet.

Se entramos en http://pixlr.com/ poderemos acceder a outros programiñas de edición de imaxes con outros efectos moi interesantes.