jueves, 11 de abril de 2013

Como compartir un arquivo de gran tamaño por e-mail?

Se queremos compartir por e-mail un arquivo de gran tamaño e o noso correo non permite tal cousa hai unha solución indirecta.

Opción A1: DROPBOX

1.Copiar o arquivo que queremos compartir á carpeta pública de dropbox.
2. Seleccionar este arquivo unha vez subido - botón da dereita - dropbox - copiar enlace público.
3. Abrir o noso correo e clicar en redactar ou similar.
4. Facer clic co botón da dereita e cando se desplegue o menú, facer clic en pegar. Deste modo pegarase un enlace público do arquivo que previamente copiamos (paso 2).
5. Cando lle chegue ese email a esa persoa, fará clic nesa dirección e xa poderá descargar o arquivo de gran tamaño.

Opción A2: DROPBOX

Se non queremos copiar ese arquivo na carpeta pública porque xa o temos noutro sitio do noso dropbox tamén se pode. Simplemente fai clic primeiramente co botón da dereita no arquivo en cuestión, despois, cando saia un menú, fai clic en dropbox e despois en compartir enlace. Seguidamente, aparecerá unha ventá no navegador que che indicará con quen (por medio do correo electrónico) queres compartir o enlace. Introduce o e-mail e engade un comentario se queres, e fai clic en Enviar.

Opción B: GOOGLE DRIVE

Se non tes conta de dropbox pero si de google (un correo gmail) tamén se pode.

1. Entra en google e identifícate.
2. Accede a Drive.
3. Sube o arquivo que queiras compartir.
4. Fai clic no botón da dereita enriba dese arquivo e preme en Compartir - Compartir.
5. Aparece unha nova pantalla con varias opcións. Modifica quen ten acceso. Por defecto está privado, hai que poñer calquera persoa que reciba o enlace ou público.
6. Engade as persoas (por correo electrónico) que teñen acceso a este arquivo e marca a opción de que se lles notifique por mail. Tamén podes copiar a ligazón que aparece nese cadro e enviar un e-mail con esa dirección (sería o mesmo que o paso 3-4 de dropbox).

No hay comentarios:

Publicar un comentario