viernes, 15 de marzo de 2013

Complemento para abrir documentos de Office 2007 ou 2010 con Office 2003

Se tes instalado Office 2003 para traballar con documentos (word, excel, power point), e non podes abrir certos arquivos (docx, xlsx, pptx) por estar nunha versión máis moderna (Office 2007 ou 2010), podes instalar o seguinte complemento e deste modo evitar este problema.

miércoles, 13 de marzo de 2013

Web para crear iconas (iconverticons.com)

Esta aplicación web, permite crear unha icona por medio dunha imaxe calquera. Simplemente hai que acceder a este enderezo: http://iconverticons.com/online/, facer clic no botón browse (para buscar a imaxe que queremos convertir), seleccionala e despois facer clic en Convert.

Cando remata, dános varios formatos e posiblidades de descarga (por se imos usar esa icona en Linux, Windows ou nun dispositivo Apple).

Se o que queremos é crear un favicon para o noso blog, ir a última opción e descargar favicon 32x32 ou 16x16.

lunes, 4 de marzo de 2013

Incorporar (embeber) un presentación picasa en blogger

Cando entredes en google fotos (tal e como indica o vídeo) é posible que non vos entre en Picasaweb senón en Google Fotos, que é unha nova forma de crear albumes por medio de Google pero que CREO  que aínda non permite obter o código html para embebelo depois no blog, tal e como si deixa Picasaweb. Para entrar en Picasaweb poñer as palabras picasaweb en Google ou entrar directamente na seguinte ligazón: https://picasaweb.google.com

Ollo! Non é o mesmo Picasa que Picasaweb. O primeiro é un programa que se pode descargar para administrar as fotos do teu ordenador. Tamén permite acceder despois a Picasaweb.

Cousas a ter en conta:
  • Para facer esta operación é aconsellable ter no explorador que usemos dúas pestanas abertas, unha co noso blog listo para poder crear unha entrada e outra de picasaweb.
  • Despois de crear o álbum, temos facer clic enriba del para ver a súa configuración e seleccionar a opción de que estea como álbum público (por defecto aparecerá privado). 
  • Pegar o código obtido no modo HTML, non en modo Redactar.

viernes, 1 de marzo de 2013

Incorporar (embeber) un vídeo de Youtube en Blogger

Neste titorial amósanse os pasos a seguir para integrar un vídeo de Youtube no noso blog.

Consellos á hora de integrar o vídeo: 
  • Ter aberto un navegador con dúas pestanas: unha de youtube (para buscar o vídeo) e outra co no noso blog listo para poder crear una nova entrada.
  • Cando editemos os opcións de como queremos incrustar o vídeo, desactivar a casiña de "Mostrar sugerencias de vídeos cuando finalice la reprodución del vídeo".
  • O código copiado hai que pegalo no modo HTML, non en modo Redactar.

Complemento para gardar en PDF en Office 2007 / 2010

O programa Office 2007 non ten incorporada a función para poder exportar un documento directamente a PDF, xa sexa de Word, Excel ou Power Point. En calquera caso, na propia páxina de Microsoft existe un complemento. Só hai que descargarlo e instalalo. Despois, cando queiramos gardalo como PDF, temos que facer clic no botón de Office (o que está na esquina superior esquerda) - Gardar como - PDF o XPS.


Se usamos Office 2010 non é necesario facer esta descarga xa que xa vén esta función incorporada, só hai que seguir estes sencillos pasos (moi parecido a Office 2007):