sábado, 19 de octubre de 2013

Configuración do correo da Xunta nun móbil ou nun cliente de correo tipo Microsoft Outlook o Mozilla Thunderbird

Para configurar o correo eléctronico da Xunta no noso móbil ou nun cliente de correo hai que seguir unha serie de pasos. Estes son os seguintes:

1º. Normalmente, vainos pedir que introduzamos o nome de usuario e contrasinal.
correo: xxxxxxxx@edu.xunta.es
contrasinal: xxxxxxxxx

2º. Configuración do tipo de conta: POP3 ou IMAP.
Ambas as dúas son válidas, aínda que existen pequenas diferenzas (ver ligazóns). Como recomendación, usar IMAP.
3º Algún móbiles, en lugar de solicitar o tipo de conta do paso anterior, directamente solicitan que configures o correo entrante (recepción dos emails), e é ai onde tes que elixir entre POP3 ou IMAP.

Se eleximos IMAP, estes son os parámetros que hai que configurar.
  • Servidor: imap.edu.xunta.es
  • Puerto: 143 (non seguro) ou 993 (seguro). Vale calquera dos dous portos.
  • Tipos de conexión: ningunha seguridade
Se eleximos POP3, estes son os parámetros:
  • Servidor: pop.edu.xunta.es
  • Puerto: 110 (non seguro) ou 995 (seguro). Vale calquera dos dous portos.
  • Tipos de conexión: ningunha seguridade
4º Configuración do correo saínte (para poder enviar mensaxes).
  • Servidor: smtp.edu.xunta.es
  • Puerto: 1025 (se non usamos a rede wifi da consellería) ou 25 (se usamos a rede wifi da consellería). Se é nun móbil, usar a primeira opción.
  • Tipos de conexión: ningunha seguridade