lunes, 9 de noviembre de 2015

Puffin Web Browser (navegador con adobe flash)

Para aqueles que teñades problemas para poder visualizar contido flash da Internet en móbiles e tabletas, por exemplo determinados xogos como os LIM, presentacións de imaxes de Blogger, etc. hai unha solución, que pasa por instalar un navegador que teña intregrado o Adobe Flash. Un deles é o navegador Puffin Web Browser que está dispoñible tanto na PlayStore de Android como na AppStore de Apple.

Apple: https://itunes.apple.com/es/app/puffin-web-browser/id472937654?mt=8

Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cloudmosa.puffinFree


lunes, 30 de marzo de 2015

CloudConverter

Nesta páxina web, sen necesidade de instalar ningunha aplicación no teu ordenador, podes convertir case calquer formato multimedia (audio, vídeo e imaxe) a outro formato que máis che interese. Moi fácil de empregar e sen complicacións por ter que instalar programas que non vas a usar frecuentemente.


jueves, 5 de marzo de 2015

Inserir un libro LIM en Blogger a través do servizo de aloxamento na nube "Chiscos"



** Se despois de publicar a entrada do blog comprobades que as imaxes non se cargaron correctamente, en lugar de poñer o código do blog que se indica no vídeo, empregade o código iframe.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Integrar un Lim propio en Blogger mediante o Dropbox (carpeta pública)



**Só funciona para usuarios que teñan por defecto a carpeta pública de Dropbox, aqueles que se rexistraron neste servizo de aloxamento na nube antes de outubro de 2012.

martes, 3 de febrero de 2015

Activar a carpeta pública en Dropbox (para contas posteriores a outubro de 2012)


Desde Outubro de 2012 as contas de Dropbox non inclúen (por defecto) a carpeta Public que nos permite, entre outras cosas, publicar facilmente ficheros na Internet.

Menos mal que existe a posibilidade de activar dita carpeta na nosa conta indo á seguinte ligazón.

https://www.dropbox.com/enable_public_folder

Tras confirmar que realmente queremos crear a carpeta Public aparecerá na nosa conta de Dropbox lista para ser empregada directamente e sen complicacións.

viernes, 16 de enero de 2015

Preguntas e respostas para Dropbox

Nesta ligazón aparecen 27 preguntas coas súas respostas (moitas delas en vídeo) da maioría de preguntas que nos podemos facer á hora de usar este servizo para almacenar arquivos na nube.