lunes, 4 de marzo de 2013

Incorporar (embeber) un presentación picasa en blogger

Cando entredes en google fotos (tal e como indica o vídeo) é posible que non vos entre en Picasaweb senón en Google Fotos, que é unha nova forma de crear albumes por medio de Google pero que CREO  que aínda non permite obter o código html para embebelo depois no blog, tal e como si deixa Picasaweb. Para entrar en Picasaweb poñer as palabras picasaweb en Google ou entrar directamente na seguinte ligazón: https://picasaweb.google.com

Ollo! Non é o mesmo Picasa que Picasaweb. O primeiro é un programa que se pode descargar para administrar as fotos do teu ordenador. Tamén permite acceder despois a Picasaweb.

Cousas a ter en conta:
  • Para facer esta operación é aconsellable ter no explorador que usemos dúas pestanas abertas, unha co noso blog listo para poder crear unha entrada e outra de picasaweb.
  • Despois de crear o álbum, temos facer clic enriba del para ver a súa configuración e seleccionar a opción de que estea como álbum público (por defecto aparecerá privado). 
  • Pegar o código obtido no modo HTML, non en modo Redactar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario